Plans de Percebe: zonas de reserva para semente de mexillón

Plans de xestión de percebe 2022-2024. Zonas de reserva extracción semente de mexillón e zonas explotación exclusiva de percebe

O Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas establece no artigo 13.2 que nos plans de xestión de percebe poderán ser reservadas zonas para a extracción de semente de mexillón.

Esta medida reguladora da actividade marisqueira ten por obxecto a protección e conservación do percebe en zonas concretas do ámbito do plan de xestión, garantindo a compatibilidade da extracción de percebe e semente de mexillón e que ambas actividades se desenvolvan de forma harmoniosa. Isto suporá que dentro do plan de xestión pode haber zonas nas que se poderá extraer percebe e semente de mexillón (zonas de reserva para a extracción de semente de mexillón), e outras zonas nas que só se poderá extraer percebe (zonas de explotación exclusiva de percebe).

Nas zonas de reserva para a extracción de semente de mexillón a explotación da mexilla realizarase segundo o establecido na Orde do 26 de outubro de 2000 pola que se regula a extracción de semente de mexillón en bancos naturais.

A Orde do 22 de decembro de 2021, pola que se aproban os plans de xestión para recursos específicos e algas en Galicia para o trienio 2022-2024 establece os plans de xestión de percebe que inclúen zonas de reserva para a extracción de semente de mexillón e zonas de explotación exclusiva de percebe, e as coordenadas xeográficas das mesma.

A orde mencionada contempla a publicación das zonas de reserva nesta web.

O resultado total a nivel Galicia é que da lonxitude de costa do Cabo Ortegal e o punta dos Picos dispoñible para mexilla, no 83,86% pódese extraer semente de mexillón, mentres que o 16,14% que serían zonas de explotación exclusiva de percebe.

No plano que se xunta represéntase en cor verde as zonas de reserva de extracción de semente de mexillón e en vermello as zonas de explotación exclusiva de percebe:

As entidades titulares dos plans de xestión con zonas reservadas son:

Nas medidas de adaptación dos plans de xestión de percebe publicadas no ano 2023 e aínda vixentes modifícanse as seguintes zonas: