Tallas mínimas

Os tamaños mínimos de extracción e comercialización dos organismos mariños constitúen, xunto con outras, unha das medidas técnicas de conservación que permiten asegurar a protección dos recursos biolóxicos mariños e a explotación equilibrada dos recursos pesqueiros en interese tanto dos pescadores como dos consumidores. Este tipo de medidas evita a captura e comercialización de xuvenís e inmaturos e o seu cumprimento asegura a reproducción dos recursos pesqueiros, contribuíndo ademáis ao amortecemento das súas oscilacións de abundancia.

A normativa que regula os tamaños mínimos autorizados para a extracción, captura e comercialización das especies pesqueiras ven regulada en múltiples disposicións tanto de carácter comunitario, como nacional e autónomico. A consellería do Medio Rural e do Mar, coa recente publicación da Orde do 27 de xullo de 2012, pola que se regulan os tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm. 226 do 27 de novembro de 2012), ven a procurar a harmonización das diferentes disposicións normativas existentes, ademais de modificar o tamaño mínimo de determinadas especies consonte a información derivada dos recentes estudos realizados e á evolución dos mercados.

Neste senso, ao abeiro do artigo 46 do Regulamento (CE) 850/1998 para a conservación dos recursos pesqueiros a través de medidas técnicas de protección dos xuvenís de organismos mariños, despois de analizar a información resultante do seguimento das poboacións e da explotación da ameixa babosa, e sempre que así se recolla nos plans de xestión aprobados pola Administración pesqueira galega, permítese que en determinadas zonas das augas interiores e continentais de Galicia, o tamaño mínimo desta especie sexa inferior ao establecido na normativa comunitaria (disposición adicional única da Orde do 27 de xullo de 2012).

Por este motivo, ao obxecto de difundir entre todos os axentes implicados: produtores, comercializadores e consumidores, procede presentar nesta web os tamaños mínimos autorizados para a extracción, a captura e a comercialización de diversos produtos pesqueiros en Galicia, así como o xeito da súa medición.

  • Orde do 27 de Xullo do 2012 pola que se regulan os tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia (Corrección de erros de 21 de decembro do 2012).
  • Anexo I: Tamaños mínimos autorizados.
    • Peixes (ANEXO I-A)
      Peixes: tamaños mínimos autorizados
      Nome comercial Nome científico Tamaño mínimo Fao
      Abadexo Pollachius pollachius 30 cm POL
      Acedía Dicologlossa cuneata 15 cm CET
      Agulla Belone belone 25 cm GAR
      Alcrique Scomberesox saurus 18 cm SAU
      Anguía Anguilla anguilla 20 cm 1 ELE
      Barbadas Gaidropsarus spp 20 cm ROL
      Bertorellas Phycis spp 25 cm FOX
      Boga Boops boops 11 cm BOG
      Bolos Ammodytes spp 15 cm SAN
      Bolo verde Hyperoplus lancelolatus 15 cm YEZ
      Breca Pagellus erythrinus 25 cm PAC
      Cabra de altura Helicolenus dactylopterus 20 cm BRF
      Castañeta Brama brama 16 cm POA
      Cherna Polyprion americanus 50 cm WRF
      Congro Conger conger 58 cm COE
      Curuxo Scophthalmus rhombus 30 cm BLL
      Choupa Spondyliosoma cantharus 23 cm BRB
      Doncela Coris julis 14 cm COU
      Dourada Sparus aurata 19 cm SBG
      Escachos Trigla spp 20 cm GUY
      Escarapotes Scorpaena spp 18 cm SCS
      Faneca Trisopterus luscus 15 cm BIB
      Fodón Trisopterus minutus 15 cm POD
      Linguados Solea spp 24 cm SOO
      Lirio Micromesistius poutassou 18 cm WHB
      Madrela Ciliata mustela 20 cm LCM
      Maragota ou pinto Labrus bergylta 20 cm USB
      Maruca Molva molva 63 cm LIN
      Melga Squalus acanthias 85 cm DGS
      Melgacho Scyliorhinus canicula 40 cm SYC
      Merlán Merlangius merlangus 27 cm WHG
      Mero Epinephelus marginatus 50 cm GPD
      Muxos Chelon labrosus, Mugil spp 20 cm MLR,MGS
      Pancho bicudo Pagellus acarne 25 cm SBA
      Peixe pau Molva dypterygia 70 cm BLI
      Pescada Merluccius merluccius 27 cm HKE
      Piarda común Atherina presbyter 10 cm ATP
      Pión de altura Argentina sphyraena 12 cm ARY
      Prago Pagrus pagrus 15 cm RPG
      Rapantes Lepidorhombus spp 20 cm LEZ
      Rei Labrus mixtus 15 cm USI
      Robaliza Dicentrarchus labrax 36 cm BSS
      Roxa Scyliorhynus stellaris 55 cm SYT
      Rodaballo Psetta maxima 30 cm TUR
      Saboga Sarpa salpa 15 cm SLM
      Salmonetes Mullus spp 15 cm MUX
      Sanmartiño Zeus faber 25 cm JOD
      Sardiña Sardina pilchardus 11 cm PIL
      Sargos Diplodus spp 22 cm SRG
      Serrán cabra Serranus cabrilla 15 cm CBR
      Serrán común, vello Symphodus spp 14 cm WRA
      Solla Platichthys flesus 25 cm FLE
      Solla de altura Pleuronectes platessa 27 cm PLE
      Trancho Sprattus sprattus 11 cm SPR
      Xardas Scomber spp 20 cm MAZ

      1O tamaño mínimo da anguía (Anguilla anguilla) será de 20 cm (Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e os ecosistemas acuáticos continentais).

    • Moluscos (ANEXO I-B)
      • Moluscos bivalvos
      • Moluscos cefalópodos
      • Moluscos gasterópodos
    • Crustáceos (ANEXO I-C)
    • Equinodermos (ANEXO I-D)
    • Cadro recordatorio da normativa comunitaria aplicable a determinadas especies de peixes (ANEXO I-E)
  • Anexo II: Xeito de medida.
  • Anexo III: Bancos marisqueiros nos que se poderá aplicar a disposición adicional única.
    • Bancos marisqueiros situados nas augas continentais.
    • Bancos marisqueiros situados nas aguas marítimas.
  • Anexo IV: Mapas (bancos marisqueiros situados nas augas marítimas nos que se poderá aplicar a disposición adicional única).