O Rexistro de buques pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia creouse o ano 1991 para recoller as principais características da frota pesqueira galega.

A lei de pesca de Galicia define a frota pesqueira galega como o conxunto de embarcacións dedicadas a labores de pesca extractiva, embarcacións auxiliares de pesca e de acuicultura e embarcacións que se dediquen ao marisqueo desde embarcación, que teñan o seu porto base en Galicia e que se atopen inscritas no Rexistro de buques pesqueiros de Galicia e no Censo de frota pesqueira operativa.

Estar inscrito no Rexistro é un requisito imprescindible para obter o permiso de explotación para o exercicio da pesca profesional en augas interiores de Galicia. Igualmente as embarcacións auxiliares de acuicultura deberán estar inscritas no Rexistro para poder ser utilizadas polos titulares de establecementos de acuicultura.

Mediante o Rexistro fíxanse os datos mínimos que deben ser recollidos, tanto a nivel estrutural como sobre o esforzo pesqueiro e establécense os acontecementos na vida do buque que deben ser rexistrados. Entre as súas finalidades tamén está a de dar cumprimento ás obrigas da Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa recollida, validación e transmisión dos datos aos demais rexistros nacionais e comunitarios.

Ademais o Rexistro sirve de referencia para a aplicación das normas de política pesqueira galega, nacional e comunitaria. Neste apartado da páxina Web posibilítase, mediante acceso aberto, a consulta e explotación dos datos públicos do rexistro. Así mesmo posibilítanse consultas de máis detalle aos usuarios autorizados, mediante un acceso restrinxido.

CFPO Nome Lista Matrícula Folio Nº de rexistro Eslora total (m) Arqueo TRB Arqueo GT Potencia (CV) Porto Caladero principal Tipo de pesca Detalle
24540 MARUXIA SEGUNDO 3 BI-2 3-00 2002CO005572 22,00 49,53 62,40 240,00 Portosín CALADERO NACIONAL CERCO
24812 MURO DE FONTAN 3 CO-1 1-00 2000CO005486 18,55 18,22 31,35 95,00 Malpica CALADERO NACIONAL CERCO
25405 CRUCEIRO DE PAZOS 3 CO-1 1-02 2003CO005622 18,85 37,64 47,01 298,00 Sada CALADERO NACIONAL CERCO
25652 MARADAN 3 CO-1 1-03 2003CO005642 14,95 14,53 17,79 60,00 Lorbé CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
22367 SEGUNDO LUIS MANUEL 3 CO-1 1-92 1992CO004107 12,06 9,50 9,47 98,00 Portonovo CALADERO NACIONAL CERCO
23507 XIROTE 3 CO-1 1-96 1997CO005102 12,10 7,15 8,94 74,00 Lorbé CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
23660 FRANCISCO JAVIER UNO 3 CO-1 1-97 1997CO005139 13,77 9,97 13,52 90,00 A Coruña CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
23984 DEXO 3 CO-1 1-98 1998CO005294 14,90 15,30 17,49 127,00 Camariñas CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
57371 JOSE MARIA 3 CO-1 1886 1997CO005088 5,65 1,60 1,28 25,00 Barallobre CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
53146 AGUSTIN 3 CO-1 1894 1992CO003937 5,98 1,63 1,53 20,00 Cangas CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
53176 INSUA 3 CO-1 1906 1992CO003051 5,40 1,11 0,58 Pontedeume CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
4004 MARUJA 3 CO-1 1951 1992CO001413 6,57 2,36 1,66 9,00 A Guarda CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
51009 ARTEA 3 CO-1 1958 1992CO003080 5,65 0,96 1,16 25,00 Ferrol CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
50803 TOÑITO 3 CO-1 1976 1992CO001482 6,16 1,62 1,01 Miño CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
24736 MARUXIA 3 CO-1 2-00 2000CO005490 21,00 34,00 52,00 276,00 Portosín CALADERO NACIONAL CERCO
23864 RIOBAO UNO 3 CO-1 2-97 1998CO005262 20,50 32,00 39,26 150,00 Camariñas CALADERO NACIONAL CERCO
57905 LINA CINCO 3 CO-1 2-99 2000CO005431 5,25 1,79 0,86 25,00 Barallobre CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
51025 TRUCHA 3 CO-1 2153 1992CO002414 5,43 0,90 1,08 20,00 Noia CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
53145 O'TA 3 CO-1 2282 1997CO005027 5,73 0,62 1,00 15,00 Sada CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
53144 AURORA 3 CO-1 2316 1997CO005104 4,50 1,14 0,48 15,00 Ferrol CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
51003 GOMEZ 3 CO-1 2323 1992CO003052 4,40 0,69 0,55 6,00 Pontedeume CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
51021 NENO 3 CO-1 2324 1992CO004307 5,38 0,50 1,17 25,00 Ferrol CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
51010 AUXILIAR NIÑA BONITA 3 CO-1 2335 1992CO004306 4,40 0,46 0,39 14,96 Barallobre CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
53154 MARISE 3 CO-1 2340 1992CO003064 5,30 1,08 1,09 15,00 Pontedeume CALADERO NACIONAL ARTES MENORES
53165 RULO 3 CO-1 2353 1992CO003032 5,68 0,85 1,07 20,00 Barallobre CALADERO NACIONAL ARTES MENORES