Logo de Pesca de galicia

Logo da Consellería do Mar

1.3.7

Mobilidade de terminais TICPESC "MOVTIC"

Presentación,

A aplicación MOVTIC é unha ferramenta de acceso á administración electrónica que a Consellería do Mar pon ao servizo do sector pesqueiro e dos cultivos mariños. Empregando esta aplicación pódese xestionar:

  • Documento de alternancia de artes: para declarar a arte despachada polo buque para o exercicio da actividade pesqueira.
  • Declaración de zona de traballo para titulares de permisos de marisqueo a pe con embarcación auxiliar: para declarar a zona de traballo na que vai traballar o titular.

Ao longo dos próximos meses procederase a ampliar nesta mesma aplicación o soporte a xestión de máis documentos vinculados coa actividade e a xestión no marco do sector pesqueiro e acuícola (documento de transporte, orixe, rexistro, devolución a orixe, ....).

Para quen?

Actualmente as funcionalidades dispoñibles no sistema aplican unicamente aos armadores de embarcacións pesqueiras rexistradas no Rexistro de Buques de Galicia e para titulares de permisos de marisqueo a pe con embarcación auxiliar. Ao logo dos próximos meses ampliarase aos titulares de bateas e parques de cultivo que teñan autorización de primeira venda.

Como acceder á aplicación MOVTIC?

A aplicación está dispoñible a través de Internet e nas distintas tendas de aplicacións. En particular pódese acceder á aplicación a través das seguintes canles:

  • Desde un navegador web a través da URL https://www.pescadegalicia.gal/movticsectorialweb.
  • Desde un dispositivo Android instalando a aplicación MOVTIC desde a Play Store.
  • Desde un dispositivo iOS instalando a aplicación MOVTIC desde a App Store.

Que datos preciso para acceder á aplicación?

Logo da Xunta de Galicia

O usuario unicamente precisa indicar as súas credenciais de acceso á aplicación. O sistema de rexistro de credencias é Chave365.

Que é Chave 365 e como podo conseguir as miñas credenciais?

Chave365 é un sistema de identificación dos cidadáns que permite a realización de trámites coa Xunta de Galicia a través da Sede electrónica e que ademais se usa para o control de acceso á aplicación MOVTIC.

No caso de non dispor de credenciais de Chave365, o cidadán ten que darse de alta por unha das seguintes vías:

  • De xeito electrónico a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante o procedemento de alta en Chave365. Neste caso a alta é inmediata. Para solicitala necesitase ter instalado no navegador un certificado electrónico válido para ese mesmo NIF, ou ben o DNI electrónico.
  • De xeito presencial, dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funciones de rexistro de usuarios Chave365 (por exemplo ambulatorios). Debe acudir persoalmente e acreditar a súa identidade mostrando o DNI o TIE. Os cidadáns comunitarios que non teñan a tarxeta de residencia presentarán o Certificado de rexistro de cidadáns da Unión e o seu pasaporte.

Para máis información sobre Chave365 e as súas funcionalidades e características acceda a Web: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365.

Que funcionalidades están dispoñibles na aplicación?

Logo da Xunta de Galicia

Actualmente na aplicación pódense realizar xestión sobre os seguintes documentos telemáticos. Compre indicar que cada usuario, en función da súa actividade, ten un conxunto de opcións particularizado.

  • Documento de alternancia de artes.
  • Declaración de zona de traballo para mariscadores a pe con embarcación auxiliar.

Para cada un destes documentos o usuario pode realizar as seguintes accións:

  • Expedición dun novo documento.
  • Consulta dun documento.
  • Anulación de documento, sempre que se cumpran as condicións necesarias.

Adicionalmente, o sistema permite realizar consultas sobre as seguintes informacións de interese:

  • Biblioteca de documentos, para acceder sen conexión aos documentos descargados.
  • Consulta de mareas.
  • Consulta de información meteorolóxica.

Con quen contactar?

Teléfono de Atención 24 horas sobre incidencias de funcionamento: 986 447 232

Para calquera outra cuestión relacionada co funcionamento da aplicación móbil:

  • Consellería do Mar
  • Servizo de Análise e de Rexistros.
  • Correo electrónico: sarex.mar@xunta.gal