De interese

Neste apartado pode consultar información que consideramos interesante sobre diferentes temas e ferramentas relacionados co sector pesqueiro:

  • Ticpesc. Proxecto impulsado pola administración pesqueira galega baseado nas tecnoloxías da información e da comunicación (Tic) para ofrecer unha ferramenta ao sector pesqueiro e dos cultivos mariños (pesc), que a modo de caixeiros automáticos instalados nos portos pesqueiros, posibilítalle ao sector a realización de diversas xestións e consultas relacionadas coa súa actividade as 24 horas do día durante os 365 días do ano.
  • Mobilidade de terminais TICPESC (MOVTIC). Proxecto complementario ao proxecto TICPESC para ofrecer unha ferramenta ao sector pesqueiro e dos cultivos mariños que a través do uso dunha APP descargable nos termináis móviles dos usuarios, permita a realización de diversas xestións e consultas relacionadas coa súa actividade as 24 horas do día durante os 365 días do ano.
  • Tallas mínimas. Neste apartado pódense atopar os tamaños mínimos autorizados para a extracción, a captura e a comercialización de diversos produtos pesqueiros en Galicia, así como o xeito da súa medición.
  • Poliquetos. Ofrécese información das zonas reservadas no ámbito dos plans de explotación marisqueira para que os titulares de licenzas de pesca marítima de recreo en superficie poidan recoller especies de poliquetos para o seu uso como cebo.
  • Plans de Percebe: zonas de reserva para semente de mexillón. Ofrécese información dos plans de xestión de percebe 2022-2024. Zonas de reserva extracción semente de mexillón e zonas explotación exclusiva de percebe.
  • Mostraxes. Indícanse os pasos que se deben seguir para a presentación de solicitudes para realizar mostraxes/prospeccións de recursos mariños de interese pesqueiro e marisqueiro.
  • Mareas. Preséntanse as horas e alturas de marea ao longo do ano nunha determinada zona de costa.
  • TIRM. Introdución ao control e xestión da pesca no tramo internacional do río Miño (TIRM).
  • Guía de especies. Consulta de información sobre as especies pesqueiras autorizadas para a súa comercialización en Galicia.