O procedemento de reordenación dos polígonos de viveiros flotantes foi establecido polo Decreto 423/1993 do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños. Os diferentes polígonos foron creados e reordenados polas distintas ordes aprobadas segundo o procedemento establecido. Na actualidade a Lei 11/2008, de 3 decembro, de Pesca de Galicia regula a actividade acuícola que se pode desenvolver nos polígonos de viveiros flotantes. En desenvolvemento da lei, o Regulamento de Viveiros de Cultivos Mariños nas Augas de Galicia, aprobado polo Decreto 406/1996, do 7 de novembro, e as súas sucesivas modificacións normativas, establecen as condicións en que pode ser desenvolvida esta actividade.

O visor de polígonos de viveiros flotantes para a acuicultura en Galicia permite consultar de xeito visual e interactivo a situación das súas cuadrículas, distinguindo as que se atopan dispoñibles das que non.

A información preséntase sobre un mapa interactivo organizado por rías, polígonos e cuadrículas, o que facilita unha navegación progresiva segundo o nivel de detalle desexado. Así, dende unha visión xeral por ría ata o detalle concreto de cada cuadrícula, o usuario pode explorar e localizar rapidamente a información de interese.

O visor emprega unha representación mediante segmentos e cores diferenciadas que permite identificar de forma inmediata o estado de cada zona, facilitando o acceso aos datos asociados a través das distintas capas do mapa. Esta ferramenta está pensada para facilitar o acceso á información do sector acuícola, ofrecendo información de forma clara, actualizada e intuitiva.

Nº cuadrículas na área visible
Totais
Dispoñibles
Non dispoñibles