A produción de acuicultura en Galicia a colocan na cabeza de todas as comunidades autónomas españolas e como un referente a nivel europeo, fundamentalmente pola produción de mexillón, pero tamén de rodaballo e en menor medida de outras especies de peixes, moluscos e algas, con diversidade de sistemas produtivos: bateas, parques de cultivo mariño, piscifactorías, etc.
A Lei 11/2008, do 3 de decembro, de Pesca de Galicia establece no seu artigo 126 que a Consellería competente en materia de pesca establecerá, no ámbito da súa competencia, entre outros, o Rexistro de establecemementos de acuicultura. No rexistro de establecemento de Acuicultura inscribiránse os establecementos que teñen título administrativo habilitante outorgado pola Consellería do Mar para a instalación, posta en funcionamento e explotación de establecemento da Acuicultura que desenvolvan a súa actividade e se localicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Neste apartado ofrécense os datos públicos dos establecementos adicados á acuicultura en Galicia dunha forma que permite tanto configurar os campos de filtrado como seleccionar os campos a amosar, así como a súa exportación a diferentes formatos.
| Tipo | Subtipo | Nº de establecementos |
|---|---|---|
| Viveiro | Batea | 3.583 |
| Viveiro | Gaiola | 1 |
| Viveiro | Liña de cultivo | 11 |
| Piscifactoría continental | 45 | |
| Parque de cultivo mariño | 1.198 | |
| Granxa mariña | 20 | |
| Criadeiro | 25 | |
| Totais: | 4.883 |