Logo de Pesca de galicia

Logo da Consellería do Mar

1.0.8

Terminais Ticpesc

Presentación

Os terminais Ticpesc son unha ferramenta de acceso á administración electrónica que a Consellería do Mar pon ao servizo do sector pesqueiro e dos cultivos mariños. Empregando estes terminais pódese obter:

  • Documentos de transporte
  • Documentos de orixe
  • Documentos de rexistro
  • Documento de alternancia de artes
  • Declaracións de devolución a orixe

Entre os obxectivos deste proxecto está dotar a todos os portos pesqueiros de terminais Ticpesc de xeito que presten servizo durante as 24 horas dos 365 días do ano e que non se dependa dos horarios de atención das confrarías de pescadores, das lonxas e de outras asociacións de profesionais do sector. En particular, serven para que as embarcacións que desembarcan portos distintos do porto onde está situada a lonxa onde van efectuar as vendas poidan emitir o documento necesario para o traslado das mercadorías por vía terrestre.

Sucesivamente incorporaranse novas prestacións nestes terminais Ticpesc, achegando cada vez mais a administración aos usuarios.

Modo de acceso

Para acceder ás funcionalidades proporcionadas polos terminais Ticpesc pode empregar o seu DNI electrónico.

DNI electrónico

Con só introducir o seu DNI electrónico no dispositivo de lectura correspondente o terminal identifica inmediatamente se existen posibilidades para que o usuario realice as operacións para obter os documentos que precise, en función do seu sector de actividade.

O DNI electrónico pode obterse nas oficinas das comisarías de policía dependentes do Ministerio do Interior.

No enderezo web http://www.dnielectronico.es atopará toda a información necesaria para a obtención do DNI electrónico, así como todas as posibilidades de xestión que ofrece.

Outro xeito de acceder ás funcionalidades proporcionadas polos terminais Ticpesc é a través das tarxetas Ticpesc electrónicas.

Tarxeta Ticpesc

Aquelas persoas interedas poden solicitar Consellería do Mar unha tarxeta Ticpesc electrónica. Dita solicitude pode efectuarse no propio terminal Ticpesc ou ben vía correo electrónico ao Servizo de Análise e de Rexistros sarex.mar@xunta.es.

Unha vez recibida a petición e comprobada a súa validez, a Consellería do Mar remitirá ao solicitante unha tarxeta Ticpesc electrónica activada, que lle permitirá o emprego do terminal en calquera dos portos onde están instalados.

Funcionalidades

As persoas dedicadas á pesca extractiva poden obter:

  • Documento de transporte: para trasladar as súas capturas desde o porto de desembarque ata o porte onde estea a lonxa na que vai realizar as súas vendas.
  • Documento de alternancia de artes: para declarar a arte despachada polo buque para o exercicio da actividade pesqueira.

As persoas dedicadas á acuicultura de bivalvos poden obter:

  • Documento de orixe: para declarar o establecemento no que se vai desenvolver as tarefas de colleita, así como verificar a súa situación sanitaria.
  • Documento de rexistro: para trasladar os moluscos bivalvos desde o peirao onde se realiza a descarga ata a depuradora, o centro de expedición ou a industria de transformación.
  • Declaracións de devolución a orixe: para devolver os moluscos bivalvos a orixe no caso de producirse un peche por biotoxina.

Ubicación

Actualmente están operativos un total de 58 terminais Ticpesc ubicados en distintos portos do litoral galego. A continuación lístanse as ubicacións dos mesmos:

  • Provincia de Lugo
    • Celeiro
    • Foz
    • O Vicedo
    • Ribadeo
    • San Cibrao
  • Provincia de A Coruña
    • A Pobra do Caramiñal
    • Aguiño
    • Ares
    • Barallobre
    • Cabo de Cruz
    • Camariñas
    • Camelle
    • Cariño
    • Cedeira
    • Espasante
    • Ferrol
    • Fisterra
    • Laxe
    • Lira
    • Malpica
    • Mugardos
    • Muros
    • Noia (O Freixo)
    • Noia (Testal)
    • O Barqueiro
    • Pontedeume
    • Porto do Son
    • Portosín
    • Rianxo
    • Ribeira
    • Sada
  • Provincia de Pontevedra
    • A Guarda
    • A Guarda (Camposancos)
    • A Illa de Arousa
    • Aldán-O Hío
    • Arcade
    • Baiona
    • Bueu
    • Bueu (número 2)
    • Cambados
    • Campelo
    • Cangas
    • Carril
    • Combarro
    • Domaio
    • Marín
    • Meira (Moaña)
    • Moaña
    • O Grove
    • O Grove (Meloxo)
    • O Grove (Pedras Negras)
    • Portonovo
    • San Adrián de Cobres
    • Santa Cristina de Cobres
    • Vilanova
    • Vilaxoán
    • Vigo
    • Vigo (Canido)