Novas e comunicacións

Anuario de pesca fresca e acuicultura mariña para o ano 2021

31/03/2022

O pasado 31 de marzo procedeuse a publicación na Plataforma Tecnolóxica da Pesca dos anuarios de pesca fresca e acuicultura para o ano 2021.

Anuario de pesca fresca 2021

Nesta publicación difúndense os datos da produción en cantidade e valor, para os diferentes grupos biolóxicos cultivados (algas, bivalvos e peixes). Inclúese o detalle das diferentes especies e a súa comparativa respecto do 2020, así como a evolución dos últimos anos.

As transaccións comerciais dos produtos pesqueiros frescos efectuadas polas lonxas galegas son transmitidas a través das notas de primeira venda e recollidas no ámbito da Plataforma Tecnolóxica da Pesca.

Diariamente na plataforma realízase unha actualización dos datos recibidos que se publican de xeito provisional na páxina web para a súa consulta por todas as persoas interesadas, ademais de posibilitar o cumprimento das esixencias regulamentarias, estatais e europeas, en canto á transmisión de datos das notas de primeira venda.

Aínda que a fiabilidade destes datos é cada vez maior, resulta imprescindible a realización dun posterior traballo de revisión e validación destas transmisións que implica unha fluída comunicación cos establecementos onde se realiza a primeira venda para posibilitar a súa consolidación definitiva. O resultado é unha cifra no entorno dos 4 millóns de notas de primeira venda rexistradas e validadas anualmente.

Unha vez que estes datos acadan a súa consolidación definitiva procedese á publicación anual, que permite ofrecer un resumo ilustrativo sobre a situación da comercialización da pesca fresca en Galicia. Actualmente, este resumo concrétanse no Anuario de pesca fresca 2021, continuando co proceso de difusión anual iniciado hai máis dunha década.

Esta publicación, seguindo a liña das anteriores, estrutúrase en cinco partes nas que se poden atopar os datos de primeira venda para os diferentes grupos biolóxicos, as vendas por distribución xeográfica, as especies de maior representatibidade comercial, así como o volume comercializado e o valor das vendas das principais lonxas.

Deste xeito, tentamos cumprir co obxectivo de facilitarlles unha información útil ao sector pesqueiro e marisqueiro, ao persoal investigador e en xeral ao público interesado, dos principais datos estatísticos da primeira venda de pesca fresca realizada en Galicia. A información ofrecida aparece recollida no Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2022. Esta publicación pode consultarse nesta ligazón.

Anuario de acuicultura 2021

Nesta publicación difúndense os datos da produción en cantidade e valor, para os diferentes grupos biolóxicos cultivados (algas, bivalvos e peixes). Inclúese o detalle das diferentes especies e a súa comparativa respecto do 2020, así como a evolución dos últimos anos.

A recompilación e o procesado dos datos contidos nesta publicación realízase no ámbito da Plataforma Tecnolóxica da Pesca a partir da información proporcionada polos propios establecementos de acuicultura da Comunidade Autónoma: viveiros (tipo bateas, gaiolas e liñas de cultivo), parques de cultivo e granxas mariñas. Estes establecementos de cultivo transmiten as súas estatísticas de produción mensual de acordo co formato establecido na Orde do 9 de abril de 2008, pola que se establece o sistema de transmisión dos datos mensuais de produción de acuicultura.

Como en calquera publicación destas características, faise imprescindible a realización dun traballo posterior de revisión e validación das transmisións que implica unha fluída comunicación cos establecementos autorizados para a realización da primeira venda que permite a súa consolidación definitiva. Logo de realizar este traballo procedese á publicación anual de resultados que permite ofrecer un resumo da situación da produción das diferentes especies cultivadas en Galicia.

A información ofrecida nesta publicación aparece recollida no Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2022.

A publicación atópase accesible nesta ligazón.