Logo de Pesca de galicia

Logo da Consellería do Mar

1.5.3

Novas e comunicacións

Publicación do Plan xeral de xestión dos recursos específicos para o trienio 2022-2024

03/01/2022

O Plan Xeral de Xestión dos recursos específicos para o ano 2022, publicado no Diario Oficial de Galicia o 31 de decembro do 2021, establece unha serie de normas para realizar a actividade extractiva deste tipo de recursos, como por exemplo, épocas e días máximos de extracción e zonas de traballo.

A través deste Plan Xeral de Xestión de recursos específicos a Consellería do Mar aproba un total de 156 plans de explotación. Deles, 37 se corresponden a plans de xestión de percebe, 25 a solénidos. 25 a equinodermos, 3 a peneira, 28 a algas, 20 a anemones e 18 a poliquetos.

Neste enlace pódense consultar as fichas, que resumen os datos mínimos sobre os plans de explotación aprobados.