Novas e comunicacións

Publicación da enquisa Ocupesca 2019 en formato Web

15/04/2021

A enquisa sobre a poboación ocupada nos sectores da pesca e da acuicultura mariña en Galicia (Ocupesca) é unha operación estatística incluída no Plan galego de estatística 2017-2021. Nace cos obxectivos de coñecer a ocupación nas unidades de pesca con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia, coñecer a ocupación nas unidades de acuicultura radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e avaliar a produción e as características económicas das unidades de produción da pesca extractiva e da acuicultura.

A referencia está dispoñible no seguinte enlace versión Web.