Logo de Pesca de galicia

Logo da Consellería do Mar

1.3.20

Novas e comunicacións

Publicación do Atlas da frota de baixura do litoral de Galicia (2000–2018)

23/03/2021

Este Atlas é un documento de consulta cuxa principal finalidade é servir de base para o asesoramento científico-técnico aos xestores da administración pesqueira para que poidan adoptar as medidas técnicas necesarias para conseguir unha xestión sustentable e ao mesmo tempo rendible para a frota.

O Atlas componse de dúas seccións:

A primeira sección do Atlas aborda a análise espacio-temporal da actividade da frota, a composición específica das capturas e das capturas non retidas, artes, a distribución de tamaños ou pesos das capturas e dos exemplares non retidos. Os resultados dos análises permiten coñecer as variacións espazo-temporais no uso das distintas modalidades de pesca empregadas pola frota de baixura nas costas de Galicia, identificar as especies obxectivo de cada modalidade, así como as especies accesorias e as especies non retidas polo escaso ou nulo interese comercial, por non acadar a tamaño legal establecido ou por estar en veda.

A sección dúas do Atlas amosa o resultado da análise da información recompilada polos observadores da Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB) da Consellería do Mar no período 2000-2018 sobre os 22 recursos pesqueiros de maior interese para esta frota, xunto coa serie histórica da primeira venda rexistrada nas bases de datos oficiais da administración pesqueira galega. Os resultados das análises permiten coñecer as variacións espazo-temporais na estrutura de tamaños dos recursos capturados coas distintas modalidades de pesca empregadas pola frota de baixura na costa de Galicia. De cada especie trátase de identificar a época de recrutamento ao arte, o rango de profundidades onde é capturada e propóñense estimadores da abundancia baseados nas capturas por unidade de esforzo.

De maneira resumida as análises realizadas en cada “métier” poden agruparse en cinco bloques principais:

  • Descrición do aparello e resume da normativa vixente.
  • Actividade da frota.
  • Composición específica das capturas.
  • Distribución do tamaño das capturas por especie obxectivo.
  • Capturas non retidas.
  • Rendementos das especies obxectivo.
  • Análise espacial do uso da modalidade de pesca.

O contido completo da información do atlas pode consultarse a través da súa descarga da seguinte ligazón.