Novas e comunicacións

Actualización da zona de descargas coa información de peche do ano 2017

27/06/2018

Unha vez rematado o traballo de elaboración das estatísticas oficiais no ámbito das notas de primeira venda de pesca fresca, da produción de acuicultura mariña e do censo de embarcacións do Rexistro de buques pesqueiros para o ano 2017, actualizouse a zona de descargas da Plataforma Tecnolóxica da Pesca https://www.pescadegalicia.gal/gl/descargas.

Deste xeito, a información pública de interese destes aspectos está dispoñible para a súa descarga e explotación por parte dos usuarios sectoriais para a súa análise e explotación.