Novas e comunicacións

Publicación do calendario de mareas para 2018

15/09/2017

Tal e como sucede cada ano, actualizouse a información dispoñible do calendario de mareas para o ano 2018, a partir da información facilitada por MeteoGalicia.

As horas e alturas de marea nunha determinada zona de costa son unhas referencias moi utilizadas non só polas persoas interesadas para o desfrute lúdico da costa, senón tamén polos técnicos e profesionais do marisqueo para planificar as súas xornadas de traballo.

Os datos están referidos aos portos patróns de Xixón, Ferrol, A Coruña, Vilagarcía, Marín e Vigo.

O calendario pode consultarse nesta ligazón.