Novas e comunicacións

Nova versión do Anuario de pesca 2016

28/04/2017

O pasado 17 de marzo do 2017 publicábase na Plataforma Tecnolóxica da Pesca os resultados da primeira venda de pesca fresca relativa ao ano 2016 no correspondente anuario estatístico.

Sen embargo, o proceso de rectificación e mellora continua vinculado asociado á información de primeira venda, levounos a detectar unha incidencia puntual na información relativa as vendas da especie ostra plana (OYF) na lonxa de Noia durante o mes de decembro do 2016.

Esta incidencia, se ben puntual, afecta ás cantidades comercializadas desta especie de forma significativa e, polo tanto, tamén aos datos consolidados para Galicia, en termos de cantidades, se ven afectados de xeito significativo.

Por tal motivo, a información do Anuario de Pesca fresca de Galicia 2016 foi actualizada e presentase de novo neste enlace.

Rogamos desculpen as molestias causadas e valoren o esforzo realizado para que a información posta a disposición do sector pesqueiro sexa da maior calidade posible.