Logo de Pesca de galicia

Logo da Consellería do Mar

1.0.8

Novas e comunicacións

Publicación do Rexistro de Buques Pesqueiros 2013

04/02/2014

Con esta publicación, un ano máis, difúndese a través da Plataforma Tecnolóxica da Pesca a dimensión da frota galega dedicada a labores de pesca extractiva e de marisqueo da lista terceira do Rexistro de Matrícula de Buques que ten como base un porto da nosa comunidade autónoma.

Este anuario de 2013, contempla como novidade, a inclusión dun capítulo referente ás embarcacións auxiliares de pesca e de acuicultura pertencentes á lista cuarta do rexistro mencionado anteriormente, tras presentarse o pasado ano un adianto deste tipo de frota.

Na publicación preséntanse os datos da totalidade da frota pesqueira galega, así como a información de determinados estratos como artes menores e dentro deste dos principais grupos de artes (anzol, marisqueo, enmalle, nasas), cerco do caladoiro nacional Cantábrico Noroeste e dos buques auxiliares de pesca e de acuicultura.

Os datos ofrecidos, como nas anteriores edicións, refírense á situación do Rexistro de Buques de Galicia o 31 de decembro e permiten observar a evolución dos diferentes segmentos de frota respecto do peche anual, e detallan a información por provincias, zonas administrativas de produción, portos base e por tramos de eslora, arqueo e potencia, e na pesca extractiva, ademais, por caladoiros.

Resaltar adicionalmente que a información ofrecida nesta publicación aparece recollida no Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2014, tal e como recolle o Decreto 188/2013, do 19 de decembro.

Os contidos completos desta publicación poden consultarse nesta ligazón.