Novas e comunicacións

Sistema de xestión de pesca conxelada

17/02/2017

Na mañá de hoxe, 17 de febreiro do 2017, procedeuse á posta en marcha dun novo sistema de xestión para as notas de primeira venda de pesca conxelada no marco do portal da Plataforma Tecnolóxica da Pesca www.pescadegalicia.gal.

O novo sistema proporciona melloras, tanto para os usuarios dos establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros conxelados como para os propios usuarios administrativos, en distintos ámbitos:

  • Por un lado, da cobertura aos novos requisitos normativos establecidos no Real Decreto 418/2015, de 29 de maio, polo que se regula a primeira venda dos produtos pesqueiros no ámbito estatal, publicado polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
  • Por outra banda, o novo sistema ofrece maior autonomía aos usuarios sectoriais relacionadas co envío, a xestión e a consulta das notas de primeira venda comunicadas, garantindo o nivel de acceso á información dispoñible adecuado a cada usuario.
  • Finalmente, o novo sistema de xestión adaptase as normativas e estándares definidos pola Axencia Tecnolóxica para a Modernización de Galicia (Amtega).

Entre as funcionalidades que se poden atopar no novo sistema de xestión de pesca conxelada podemos destacar as seguintes:

  • Soporte á consulta e xestión de ficheiros de referencia necesarios para la cumprimentación dos datos.
  • Sistema de cumprimentación de notas de primeira venda de pesca conxelada en liña.
  • Sistema de recollida e procesado de ficheiros de notas de primeira venda.
  • Xestión de incidentes coas notas de primeira venda transmitidas.
  • Soporte á xestión de notas de primeira venda: consulta e modificación, segundo as condicións establecidas.
  • Sistema de consulta de información das notas de primeira venda comunicadas.

Faise notar que o acceso á aplicación pode realizarse a través do menú “Pesca conxelada” do portal da Plataforma de Pesca, seleccionando a opción “Envío de notas de venda”. Así mesmo, mantense no novo sistema as credenciais de acceso definidas ata o momento.

Para máis información acceda á aplicación en www.pescadegalicia.gal/pescacongelada e consulte o manual de usuario da mesma.