Novas e comunicacións
Publicación do Anuario de acuicultura continental 2024
16/06/2025Por primeira vez neste ano procedese a publicación do anuario de acuicultura continental de Galicia, referida aos datos de produción do ano 2024.
Nesta publicación difúndense os datos da produción en cantidade e valor segundo distintos puntos de vista da información: grupos biolóxicos e especies, lugares de destino, destino da producción e desagregación mensual da mesma.
Ademais de cara a favorecer o análise da información presentada incluese na publicación o detalle das producións do últimos anos.
A recompilación e o procesado dos datos contidos nesta publicación realízase no ámbito da Plataforma Tecnolóxica da Pesca a partir da información proporcionada polos propios establecementos de acuicultura continental da Comunidade Autónoma. Estes establecementos de cultivo transmiten as súas estatísticas de produción mensual de acordo co formato establecido na Orde do 9 de abril de 2008, pola que se establece o sistema de transmisión dos datos mensuais de produción de acuicultura.
Como en calquera publicación destas características, faise imprescindible a realización dun traballo posterior de revisión e validación das transmisións que implica unha fluída comunicación cos establecementos autorizados para a realización da primeira venda que permite a súa consolidación definitiva. Logo de realizar este traballo procedese á publicación anual de resultados que permite ofrecer un resumo da situación da produción en Galicia.
A información ofrecida nesta publicación aparece recollida no Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025.
A publicación atópase accesible nesta ligazón.