Novas e comunicacións

Publicación do Plan xeral de recursos específicos para o trienio 2025-2027

02/01/2025

O Plan Xeral de explotación de recursos específicos para o trienio 2025-2027, publicado no Diario Oficial de Galicia o 31 de decembro do 2024, establece unha serie de normas para realizar a actividade extractiva deste tipo de recursos, como por exemplo, épocas e días máximos de extracción e zonas de traballo.

A través deste Plan Xeral de explotación dos recursos específicos a Consellería do Mar aproba un total de 153 plans de explotación, dos cales 37 son de percebe, 27 de equinodermos, 26 de solénidos, 3 de peneira, 25 de algas, 17 de anémonas e 18 de poliquetos.

Neste enlace pódense consultar ás fichas, que resumen os datos mínimos sobre os plans de explotación aprobados.