Ameixa rubia
Datos Básicos
Código Fao: VNR
Nome científico: Venerupis rhomboides
Nome comercial: Almeja rubia
Nome galego: Ameixa rubia
Grupo biolóxico: Bivalvos
Talla mínima: 40 mm
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Non
Frescura: Non
VNR
Venerupis rhomboides
Descrición
Venerupis rhomboides (Pennat, 1777). O seu nome provén da súa tonalidade encarnada, que lle dá un aspecto diferente ao das outras ameixas. Posúe unha cuncha cuberta por liñas algo máis brillantes, que van paralelas ao bordo exterior dun ton máis pálido ca a súa propia cor. Semella estar pulida.
Modo de pesca
A maior parte das capturas realízanse dende pequenas embarcacións con raños, rastros ou ganchos. Tamén está permitida a súa extracción con endeño remolcado cunhas medidas reguladas, sempre que se utilice a profundidades superiores aos 15 metros.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Ameixa rubia en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Ameixa rubia en Galicia no 2023