Maragota
Datos Básicos
Código Fao: USB
Nome científico: Labrus bergylta
Nome comercial: Maragota
Nome galego: Maragota
Grupo biolóxico: Peixes
Talla mínima: 20 cm
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Non
Frescura: Non
USB
Labrus bergylta
Descrición
Labrus bergylta (Ascanius, 1767).Esta especie posúe un corpo forte, cunha gran cabeza. Os seus beizos son grosos e carnosos, por onde asoman uns dentes moi fortes. Ten unhas escamas grandes e duras. Maragota e pinto son considerados dous morfotipos dunha mesma especie, aínda que estudos científicos falan da existencia de claras diferenzas nas súas características vitais, apuntando a posibles procesos de diverxencia xenética evolutiva. As maragotas terían tonalidades verdes e acastañadas e os pintos, vermellas con manchas brancas.
Modo de pesca
Atópase en litorais rochosos e pouco profundos e prefire vivir en augas limpas, das que escapa se se toldan. Péscase ao trasmallo, nas "golfeiras" da costa, e tamén resulta ser unha peza moi cobizada polos pescadores afeccionados. Ten unha alta cotización nos pequenos portos, que saben do seu valor. Captúrase durante todo o ano.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Maragota en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Maragota en Galicia no 2024