Lagosta

Logo detalle da especie

Datos Básicos

Código Fao: SLO

Nome científico: Palinurus elephas

Nome comercial: Langosta

Nome galego: Lagosta

Grupo biolóxico: Crustáceos

Talla mínima: 9,5 cm (lonxitude do cefalotórax)

Normas comúns de comercialización

Tamaño: Non

Frescura: Non

Especie

SLO

Palinurus elephas

Descrición

Palinurus elephas (Fabricius, 1787) A lagosta ten un corpo moi robusto, de cor vermella ou violeta parda, e con manchas amarelas simétricas sobre o abdome. A cabeza ten moitas espiñas e ten unhas antenas moi desenvolvidas.

Modo de pesca

Habita en fondos rochosos e, actualmente, en Galicia escasea moito pola sobrecarga á que foi sometida (unha lagosta tarda entre catro e cinco anos en acadar a madurez sexual, cando ten un talle de 20 cm). En moitos casos, mantéñense vivas en cetarias ata que chegan épocas de máis demanda. As capturas realízanse de xeito artesanal con nasas especiais ou aparecen entres as capturas en artes de enmalle. A veda, normalmente entre setembro e decembro, establécese anualmente.

Principais magnitudes

Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Lagosta en Galicia

Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Lagosta en Galicia no 2025