Longueirón vello
Datos Básicos
Código Fao: RAE
Nome científico: Solen marginatus
Nome comercial: Longueirón
Nome galego: Longueirón vello
Grupo biolóxico: Bivalvos
Talla mínima: 80 mm
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Non
Frescura: Non
RAE
Solen marginatus
Descrición
Solen marginatus (Pulteley, 1799). Ten unha cuncha alongada, brillante e recta. Diferénciase do longueirón en que os seus extremos están máis curvados e inclinados e son máis curtos que os daquel, e tamén porque a súa cuncha é máis brillante que a do longueirón.
Modo de pesca
Vive en fondos areosos e lamacentos no interior das rías. É unha especie propia da zona infralitoral. Captúrase, como os outro solénidos, mediante mergullo a pulmón ou con subministro de aire dende superficie ou a pé, especialmente nas mareas vivas, utilizando sal para que asomen os individuos.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Longueirón vello en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Longueirón vello en Galicia no 2025