Salmonete de rocha

Logo detalle da especie

Datos Básicos

Código Fao: MUR

Nome científico: Mullus surmuletus

Nome comercial: Salmonete de roca

Nome galego: Salmonete de rocha

Grupo biolóxico: Peixes

Normas comúns de comercialización

Tamaño: Si

  • 1 : 500 gr e máis (kg/ud)
  • 2 : de 200 a 500 gr/ud
  • 3a : de 40 a 200 gr/ud
  • 3b : de 18 a 200 gr/ud

Frescura: Non

Especie

MUR

Mullus surmuletus

Descrición

Mullus surmuletus (Linné, 1758). Dous aspectos característicos definen esta especie: as cores vermellas do seu corpo, que varían segundo a época do ano, e a súa barbicha, que usa para detectar e desenterrar os moluscos e crustáceos que lle serven de alimento. As diferenzas máis visibles entre este e o salmonete de lama son que o da pedra ten un rostro máis oblicuo e presenta tres ou catro bandas amarelas ao longo do corpo e a cor é xeralmente máis escura. Reprodúcese entre os meses de maio e xullo e pode chegar a medir ata 40 centímetros, aínda que o normal é que midan entre os 18 e os 25 cm.

Modo de pesca

Habita fondos de pedra e area ata os 25 metros de profundidade. As capturas non son abundantes, empregándose a arte do trasmallo e as betas. Tamén é un peixe "de cordel": úsase a liña e é un obxectivo habitual dos pescadores deportivos.

Principais magnitudes

Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Salmonete de rocha en Galicia

Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Salmonete de rocha en Galicia no 2024