Xarda

Logo detalle da especie

Datos Básicos

Código Fao: MAC

Nome científico: Scomber scombrus

Nome comercial: Caballa

Nome galego: Xarda

Grupo biolóxico: Peixes

Normas comúns de comercialización

Tamaño: Si

  • 1 : 2 ou menos ud/kg (0,5 e máis kg/ud)
  • 2 : entre 2 e 5 ud/kg (de 0,2 a 0,5 kg/ud)
  • 3 : entre 5 e 10 ud/kg (de 0,1 a 0,2 kg/ud)

Frescura: Si

  • Extra
    Ollo Convexo, abombado; pupila azul negruzca brillante, «pálpebra» transparente
    BranquiasCor vermella viva a púrpura uniforme; sen mucosidade
    Cheiro das branquiasFresco, a algas mariñas; picante; a iodo
    OpérculosPrateados
    Consistencia da carneMoi firme, ríxida
    Mucosidade cutáneaAcuosa, transparente
    PelPigmentación irisada, cores vivos e brillantes con irisaciones; clara diferenza entre superficie dorsal e ventral
  • A
    Ollo Convexo e lixeiramente afundido; pupila escura; córnea lixeiramente opalescente
    BranquiasCor menos viva, máis pálida arredor dos bordes; mucosidade transparente
    Cheiro das branquiasAusencia de cheiro a algas; cheiro neutro
    OpérculosPrateados, lixeiramente tinguidos de vermello ou marrón
    Consistencia da carneBastante ríxida, firme
    Mucosidade cutáneaLixeiramente turbia
    PelPerda de resplandor e de brillo; cores máis apagados; menor diferencia entre superficie dorsal e ventral
  • B
    Ollo Plano; pupila borrosa; extravasacións de sangue ao redor do ollo
    BranquiasEngrosándose e decolorandose, mucosidade opaca
    Cheiro das branquiasCheiro graxo lixeiramente sulfuroso a touciño rancio ou froita estragada
    OpérculosParduscos e con extravasacións de sangue amplias
    Consistencia da carneUn pouco branda
    Mucosidade cutáneaLeitosa
    PelApagada, sen brillo, cores diluidos; pel dobrada cando o peixe está curvado
Especie

MAC

Scomber scombrus

Descrición

Scomber scombrus (Linné, 1758). Peixe de corpo alongado e cor verdosa azulada, percorrido por liñas verticais negras e un ventre prateado con tons brancos. Presenta unha especie de aletiñas (pínnulas) próximas ao rabo, tanto no dorso coma no ventre. Ten unha cabeza afiada e pode chegar a medir ata 50 centímetros. Acada a madurez aos dous ou tres anos e reprodúcese entre os meses de maio e xullo.

Modo de pesca

Pode atoparse ata os 200 metros de profundidade, aínda que a finais da primavera se achega á costa en grandes bancos e entra nas rías, nadando a medias augas. No inverno regresa a augas máis profundas. É unha especie moi abundante en canto ás capturas e de gran presenza nos mercados. Péscase cando se achega á costa con cerco e tamén, ás veces, utilizando técnicas de arrastre ou con liña (curricán). Está suxeita a cotas de captura, normalmente captúrase o primeiro trimestre do ano.

Principais magnitudes

Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Xarda en Galicia

Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Xarda en Galicia no 2024