Lumbrigante

Logo detalle da especie

Datos Básicos

Código Fao: LBE

Nome científico: Homarus gammarus

Nome comercial: Bogavante europeo

Nome galego: Lumbrigante

Grupo biolóxico: Crustáceos

Talla mínima: 8,7 cm (lonxitude do cefalotórax)

Normas comúns de comercialización

Tamaño: Non

Frescura: Non

Especie

LBE

Homarus gammarus

Descrición

Homarus gammarus (Linné, 1758). Presenta o lumbrigante un corpo robusto de cor azul escura xaspeada que remata en dúas potentes pinzas de desigual tamaño: úsaas como instrumento de suxeición e para atacar e esgazar as presas, a xeito de tesoira. Nas pinzas presenta uns dentes finos e serrados e ten sete aneis no abdome. O seu crecemento é especialmente lento, o que obriga a sermos moi rigorosos cos talles e vedas para previr o seu esgotamento.

Modo de pesca

Vive en zonas rochosas ou penedosas, en profundidades de menos de 40 metros. Captúrase con nasas especiais e ocasionalmente ao trasmallo, miños e tamén nas raeiras. O período de veda establécese anualmente, normalmente é entre marzo e xullo.

Principais magnitudes

Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Lumbrigante en Galicia

Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Lumbrigante en Galicia no 2025