Pescada

Logo detalle da especie

Datos Básicos

Código Fao: HKE

Nome científico: Merluccius merluccius

Nome comercial: Merluza o merluza europea

Nome galego: Pescada

Grupo biolóxico: Peixes

Talla mínima: 27 cm

Normas comúns de comercialización

Tamaño: Si

  • 1 : 2,5 e máis (kg/ud)
  • 2 : de 1,2 a 2,5 (kg/ud)
  • 3 : de 0,6 a 1,2 (kg/ud)
  • 4 : de 0,28 a 0,6 (kg/ud)
  • 5 : de 0,2 a 0,28 (kg/ud)

Frescura: Si

  • Extra
    CarneFirme e elástica; superficie lisa
    BranquiasCor viva; sen mucosidade
    Peritoneo (en peixes destripados)Liso; brillante; difícil de separar da carne
    Cheiro das branquias e da cavidade abdominalAlgas mariñas
    Ollo Convexo (alombado); pupila negra e brillante;
    PelPigmento vivo e iridiscente (excepto gallineta) ou opalescente; sen decoloración
    Mucosidade cutáneaAcuosa, transparente
  • A
    CarneMenos elástica
    BranquiasMenos coloreadas, mucosidade transparente
    Peritoneo (en peixes destripados)Un pouco apagado; pódese separar da carne
    Cheiro das branquias e da cavidade abdominalAusencia de cheiro a algas, cheiro neutro
    Ollo Convexo, lixeiramente afundido; pupila negra apagada; córnea lixeiramente opalescente
    PelPigmentación viva pero sen brillo
    Mucosidade cutáneaLixeiramente turbia
  • B
    CarneLixeiramente branda (flácida), menos elástica; superficie cerosa (aveludada) e opaca
    BranquiasCor marrón/gris decolorándose; mucosidade opaca e espesa
    Peritoneo (en peixes destripados)Grumoso; fácil de separar da carne
    Cheiro das branquias e da cavidade abdominalFermentado; lixeiramente acedo
    Ollo Plano; córnea opalescente; pupila opaca
    PelPigmentación en fase de decoloración e apagada
    Mucosidade cutáneaLeitosa
Especie

HKE

Merluccius merluccius

Descrición

Merluccius merluccius (Linné, 1758). Posúe unha cabeza e boca grandes con dentes moi afiados. O corpo é longo, de ton gris escuro, cos costados máis claros e ventre abrancazado. A primeira aleta dorsal é máis curta ca a segunda. Normalmente mide entre 40 e 70 centímetros, pero pode chegar ata os 120. Reprodúcese a finais do inverno e na primavera. As femias alcanzan a súa madurez sexual cando acadan os 40 centímetros e a súa fertilidade é maior canto máis medran.Viven nas proximidades dos fondos mariños, entre 30 e 500 metros de profundidade.

Modo de pesca

Péscase con artes de arrastre, palangres, volantas e betas. A calidade da pescada depende da arte de pesca empregada. A máis apreciada é a capturada con artes de anzol ou palangres ("do pincho") e volanta, pois a carne chega menos mallada. Está prohibida a captura e comercialización das crías, coñecidas como cariocas.

Principais magnitudes

Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Pescada en Galicia

Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Pescada en Galicia no 2023