Choco
Datos Básicos
Código Fao: CTC
Nome científico: Sepia officinalis
Nome comercial: Choco o jibia o sepia
Nome galego: Choco
Grupo biolóxico: Cefalópodos
Talla mínima: 8 cm
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Si
- 1 : 0,5 e máis (kg/ud)
- 2 : de 0,3 a 0,5 (kg/ud)
- 3 : de 0,1 a 0,3 (kg/ud)
Frescura: Si
-
Extra
Cheiro Fresco, a algas mariñas Carne Moi firme; cor branca anacarada Pel Pigmentación viva, pel adherida á carne Tentáculos Resistentes ao arranque -
A
Cheiro Escaso ou nulo Carne Firme; cor branco de cal Pel Pigmentación apagada; pel adherente á carne Tentáculos Resistentes ao arranque -
B
Cheiro Cheiro a tinta Carne Lixeiramente branda; cor branco rosa ou lixeiramente amarelento Pel Pel decolorada; separase con bastante facilidade da carne Tentáculos Arrancanse con máis facilidade
CTC
Sepia officinalis
Descrición
Sepia officinalis (Linné, 1758). O corpo do choco é ancho e patelo, con expansións laterais en forma de aletas, e unha especie de triángulo sobre a cabeza. No seu interior ten unha cuncha longa e dura. Dotado de oito brazos e dous tentáculos, a súa cor varía dependendo do substrato onde habite.
Modo de pesca
Captúrase durante todo o ano con diversas artes: nasa para choco, trasmallo, miños e artes de arrastre, como o boliche ou chinchorro, francada, poteira, e o curioso sistema do femieiro: dende a embarcación lévase a rastro pola auga unha femia de choco. Cando os machos acoden ao reclamo, son pescados cravándolles unha espulla. É unha especie de extraordinario interese comercial.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Choco en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Choco en Galicia no 2024