Faneca
Datos Básicos
Código Fao: BIB
Nome científico: Trisopterus luscus
Nome comercial: Faneca
Nome galego: Faneca
Grupo biolóxico: Peixes
Talla mínima: 15 cm
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Si
- 1 : 0,4 e máis (kg/ud)
- 2 : de 0,25 a 0,4 (kg/ud)
- 3 : de 0,125 a 0,25 (kg/ud)
- 4 : de 0,05 a 0,125 (kg/ud)
Frescura: Si
-
Extra
Carne Firme e elástica; superficie lisa Branquias Cor viva; sen mucosidade Peritoneo (en peixes destripados) Liso; brillante; difícil de separar da carne Cheiro das branquias e da cavidade abdominal Algas mariñas Ollo Convexo (alombado); pupila negra e brillante; Pel Pigmento vivo e iridiscente (excepto gallineta) ou opalescente; sen decoloración Mucosidade cutánea Acuosa, transparente -
A
Carne Menos elástica Branquias Menos coloreadas, mucosidade transparente Peritoneo (en peixes destripados) Un pouco apagado; pódese separar da carne Cheiro das branquias e da cavidade abdominal Ausencia de cheiro a algas, cheiro neutro Ollo Convexo, lixeiramente afundido; pupila negra apagada; córnea lixeiramente opalescente Pel Pigmentación viva pero sen brillo Mucosidade cutánea Lixeiramente turbia -
B
Carne Lixeiramente branda (flácida), menos elástica; superficie cerosa (aveludada) e opaca Branquias Cor marrón/gris decolorándose; mucosidade opaca e espesa Peritoneo (en peixes destripados) Grumoso; fácil de separar da carne Cheiro das branquias e da cavidade abdominal Fermentado; lixeiramente acedo Ollo Pel Pigmentación en fase de decoloración e apagada Mucosidade cutánea Leitosa
BIB
Trisopterus luscus
Descrición
Trisopterus luscus (Linné, 1758). Posúe unha mancha escura no comezo da aleta peitoral. O corpo é máis forte polo dorso que polo ventre; ten a queixada superior lixeiramente máis longa que a inferior e a barbadela prominente. A liña lateral é moi curvada. A súa cor é cobreada no dorso, con catro ou cinco bandas verticais escuras. A súa lonxitude máxima é de 40 centímetros, pero raramente excede dos 20 centímetros. Reprodúcese a profundidades de 50 a 70 metros durante os meses de abril a maio e madura no primeiro ano de vida.
Modo de pesca
Vive próxima ao fondo formando bancos, mentres que os exemplares novos se atopan preto da costa en fondos areosos. Os exemplares de maior tamaño localízanse a profundidades de 30 a 100 metros. Péscase con trasmallo, liña, volanta e, ocasionalmente, ao arrastre durante todo o ano.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Faneca en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Faneca en Galicia no 2024