Bocarte
Datos Básicos
Código Fao: ANE
Nome científico: Engraulis encrasicolus
Nome comercial: Boquerón o Anchoa
Nome galego: Bocarte
Grupo biolóxico: Peixes
Talla mínima: 10 cm (zona 27.9.a)/12 cm (zona 27.8.c)
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Si
- 1 : 30 ou menos ud/kg (0,033 e máis kg/ud)
- 2 : de 31 a 50 ud/kg (de 0,020 a 0,033 kg/ud)
- 3 : de 51 a 83 ud/kg (de 0,012 a 0,020 kg/ud)
- 4 : de 84 a 125 ud/kg (de 0,008 a 0,012 kg/ud)
Frescura: Si
-
Extra
Ollo Convexo, abombado; pupila azul negruzca brillante, «pálpebra» transparente Branquias Cor vermella viva a púrpura uniforme; sen mucosidade Cheiro das branquias Fresco, a algas mariñas; picante; a iodo Opérculos Prateados Consistencia da carne Moi firme, ríxida Mucosidade cutánea Acuosa, transparente Pel Pigmentación irisada, cores vivos e brillantes con irisaciones; clara diferenza entre superficie dorsal e ventral -
A
Ollo Convexo e lixeiramente afundido; pupila escura; córnea lixeiramente opalescente Branquias Cor menos viva, máis pálida arredor dos bordes; mucosidade transparente Cheiro das branquias Ausencia de cheiro a algas; cheiro neutro Opérculos Prateados, lixeiramente tinguidos de vermello ou marrón Consistencia da carne Bastante ríxida, firme Mucosidade cutánea Lixeiramente turbia Pel Perda de resplandor e de brillo; cores máis apagados; menor diferencia entre superficie dorsal e ventral -
B
Ollo Plano; pupila borrosa; extravasacións de sangue ao redor do ollo Branquias Engrosándose e decolorandose, mucosidade opaca Cheiro das branquias Cheiro graxo lixeiramente sulfuroso a touciño rancio ou froita estragada Opérculos Parduscos e con extravasacións de sangue amplias Consistencia da carne Un pouco branda Mucosidade cutánea Leitosa Pel Apagada, sen brillo, cores diluidos; pel dobrada cando o peixe está curvado
ANE
Engraulis encrasicolus
Descrición
O bocarte ten un corpo fino e alongado, de cor azulada con chispiñas prateadas no seu ventre. A súa queixada superior é moi prominente e a boca grande. Pode acada-los 20 centímetros. Reprodúcese entre os meses de abril e agosto.
Modo de pesca
Especie peláxica que no verán se achega á costa. Aliméntase de plancto. Vive en grandes mansíos e captúrase con redes de cerco ou con xeito. Resulta especialmente importante a súa correcta manipulación e estiba a bordo, pois é un peixe moi delicado e mázase e deteriórase de contado. Para a súa pesca se establecen cotas de captura e paros que poden variar dun ano a outro, segundo o estado deste recurso.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Bocarte en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Bocarte en Galicia no 2025