Novas e comunicacións
Publicación do Anuario de pesca fresca 2015
22/03/2016As transaccións comerciais dos produtos pesqueiros frescos efectuadas polas lonxas galegas son transmitidas a través das notas de primeira venda e recollidas no ámbito da Plataforma Tecnolóxica da Pesca.
Diariamente na plataforma realízase unha actualización dos datos recibidos que se publican de xeito provisional na páxina web para a súa consulta por todas as persoas interesadas, ademais de posibilitar o cumprimento das esixencias regulamentarias, estatais e europeas, en canto á transmisión de datos das notas de primeira venda.
Aínda que a fiabilidade destes datos é cada vez maior, resulta imprescindible a realización dun posterior traballo de revisión e validación destas transmisións que implica unha fluída comunicación cos establecementos onde se realiza a primeira venda para posibilitar a súa consolidación definitiva. O resultado é unha cifra que se aproxima aos 4 millóns de notas de primeira venda rexistradas e validadas anualmente.
Unha vez que estes datos acadan a súa consolidación definitiva procedese á publicación anual, que permite ofrecer un resumo ilustrativo sobre a situación da comercialización da pesca fresca en Galicia. Actualmente, este resumo concrétanse no Anuario de pesca fresca 2014, continuando co proceso de difusión anual iniciado hai máis dunha década.
Esta publicación, seguindo a liña das anteriores, estrutúrase en cinco partes nas que se poden atopar os datos de primeira venda para os diferentes grupos biolóxicos, as vendas por distribución xeográfica, as especies de maior representatibidade comercial, así como o volume comercializado e o valor das vendas das principais lonxas.
Deste xeito, tentamos cumprir co obxectivo de facilitarlles unha información útil ao sector pesqueiro e marisqueiro, ao persoal investigador e en xeral ao público interesado, dos principais datos estatísticos da primeira venda de pesca fresca realizada en Galicia no 2015. A información ofrecida aparece recollida no Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2016.
Esta publicación pode consultarse nesta ligazón.