Ourizo
Datos Básicos
Código Fao: URM
Nome científico: Paracentrotus lividus
Nome comercial: Erizo de mar
Nome galego: Ourizo
Grupo biolóxico: Equinodermos
Talla mínima: 5,5 cm
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Non
Frescura: Non
URM
Paracentrotus lividus
Descrición
Paracentrotus lividus (Lamarck, 1816). O ourizo é de cor escura, con tendencia ás cores negra, verde e violeta. Ten unhas púas robustas e aguzadas que, ao caeren, deixan ver un corpo dividido en grupos de placas. O corpo do ourizo non é totalmente esférico, senón que está algo achatado polas zonas da boca e do ano. As gónadas femininas son de cor amarela forte ou alaranxadas; as masculinas, amarela clara ou parda.
Modo de pesca
Captúrase mediante mergullo profesional semiautónomo, dentro de plans de explotación específicos aprobados pola Administración. O problema biolóxico no caso desta especie radica en que a súa época de comida coincide xusto coas semanas anteriores á posta dos ovos. De aí a necesidade de controlar severamente as extraccións.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Ourizo en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Ourizo en Galicia no 2023