Percebe

Logo detalle da especie

Datos Básicos

Código Fao: PCB

Nome científico: Pollicipes pollicipes

Nome comercial: Percebe

Nome galego: Percebe

Grupo biolóxico: Crustáceos

Talla mínima: 1,5 cm (diámetro maior da base do capítulo)

Normas comúns de comercialización

Tamaño: Non

Frescura: Non

Especie

PCB

Pollicipes pollicipes

Descrición

Pollicipes pollicipes (Gmelin, 1790). Aínda que viva pegado ás rochas, é un crustáceo, non un molusco. A parte comestible do percebe ten unha pel moura e dura que remata nunha uña (cuberta de pequenas escamas) formada por varias pezas. O pedúnculo carnoso ou pé é o que lle permite adherirse ás rochas, onde vive, en zonas moi batidas. Forma grupos ou piñas. O percebe galego é máis groso e escuro que o que vén de Marrocos e a uña é máis aguzada e avermellada e con menos placas que o canadense.

Modo de pesca

A súa captura está regulada mediante plans de xestión de recursos específicos para esta especie aprobados anualmente. Pode collerse a pé ou dende embarcación. Para separalo das rochas utilízase unha rasqueta ou raspa. Dispoñible todo o ano.

Principais magnitudes

Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Percebe en Galicia

Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Percebe en Galicia no 2023