Ostra

Logo detalle da especie

Datos Básicos

Código Fao: OYF

Nome científico: Ostrea edulis

Nome comercial: Ostra

Nome galego: Ostra

Grupo biolóxico: Bivalvos

Talla mínima: 60 mm

Normas comúns de comercialización

Tamaño: Non

Frescura: Non

Especie

OYF

Ostrea edulis

Descrición

Ostrea edulis (Linné, 1758). A ostra é un molusco bivalvo que ten, na parte exterior da súa dura cuncha, unha superficie escamuda. A súa cor habitual sitúase entre branca, marrón ou púrpura. Como detalle significativo, hai que dicir que ao longo da súa vida posúe sexo masculino e feminino de xeito alterno. Isto denomínase "hermafroditismo non simultáneo".

Modo de pesca

A súa extracción ven regulada normalmente nos plans de marisqueo a pé para os individuos aos que se pode acceder deste xeito, e nos plans de marisqueo a flote, nos que se contempla a súa extracción con raños. Tamén pode ser capturada con rastro de volandeira ou vieira para a captura de ostra.

Principais magnitudes

Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Ostra en Galicia

Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Ostra en Galicia no 2023