Polbo
Datos Básicos
Código Fao: OCC
Nome científico: Octopus vulgaris
Nome comercial: Pulpo
Nome galego: Polbo
Grupo biolóxico: Cefalópodos
Talla mínima: 1.000 gramos
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Non
Frescura: Non
OCC
Octopus vulgaris
Descrición
Octopus vulgaris (Cuvier, 1798). Cefalópodo de oito brazos e cabeza grande, debaixo da que agacha unha boca formando un pico "de loro" duro do que se vale para comer nécoras, cangrexos... Ten dúas filas de ventosas nos tentáculos pola súa cara interna, a diferenza do polbo cabezón. Mimetízase co fondo e carece de cuncha.
Modo de pesca
Vive preto das costas e é de hábitos nocturnos. A súa extracción regúlase con plans de xestión anuais que establecen o período de veda, normalmente entre os meses de maio e xuño. A forma máis utilizada para capturalo é a nasa deseñada especificamente para o polbo, aínda que tamén entra en outro tipo de nasas. Está autorizada a súa captura tamén con bicheiro ou forquita, unha arte tradicional selectiva que consiste nun aparello formado por un mango de dimensión variable que leva no seu extremo unha ou dúas pugas curvadas.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Polbo en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Polbo en Galicia no 2023