Ameixa babosa
Datos Básicos
Código Fao: CTS
Nome científico: Venerupis corrugata
Nome comercial: Almeja babosa o chocha
Nome galego: Ameixa babosa
Grupo biolóxico: Bivalvos
Talla mínima: 38 (ou 35 mm de xeito excepcional)
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Non
Frescura: Non
CTS
Venerupis corrugata
Descrición
Venerupis corrugata (Gmelin, 1791). A cor deste molusco é normalmente gris pálida ou crema, con bandas tenues dunha tonalidade máis intensa e unhas liñas que se debuxan na cuncha en paralelo ó seu borde. Os sifóns da ameixa babosa están unidos en toda a súa lonxitude, sendo precisamente esta característica a que nos permite diferenciala das outras clases de ameixas.
Modo de pesca
É máis delicada que as outras ameixas. Pequenas variacións de temperatura e de salinidade poden provocar a súa morte e, ademais, atura menos tempo fóra da auga que a ameixa fina. Debido á súa distribución no litoral, captúrase principalmente dende pequenas embarcacións con raños, rastros ou ganchos e, en menor medida, a pé firme con sachos ou outras artes autorizadas para remover o substrato.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Ameixa babosa en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Ameixa babosa en Galicia no 2023