Ameixa fina

Logo detalle da especie

Datos Básicos

Código Fao: CTG

Nome científico: Ruditapes decussatus

Nome comercial: Almeja fina

Nome galego: Ameixa fina

Grupo biolóxico: Bivalvos

Talla mínima: 40 mm

Normas comúns de comercialización

Tamaño: Non

Frescura: Non

Especie

CTG

Ruditapes decussatus

Descrición

Ruditapes decussatus (Linnaeus, 1758). A cuncha da ameixa fina posúe unhas liñas en forma de raios e outras concéntricas que forman os seus característicos cadradiños. Esta é a primeira diferenza coa babosa. A súa cor será distinta dependendo do substrato (area) onde se cría, variando entre branca e acastañada. Os seus sifóns son longos e están separados un doutro, en toda a súa lonxitude, e esta é outra boa característica para distinguila das demais ameixas.

Modo de pesca

Xeralmente as capturas fanse a pé firme con sacho,sachos, rañicas, angazos, forquillas ou outras artes autorizadas que sirvan para remover o substrato, ou ben localizando os buratos que deixan os seus sifóns na area. Moitas agrupacións de mariscadoras e mariscadores do noso litoral levan a cabo tarefas de semicultivo como preengorde de semente e posterior sementado en praias, conseguindo incrementar a produción dos bancos marisqueiros.

Principais magnitudes

Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Ameixa fina en Galicia

Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Ameixa fina en Galicia no 2023