Berberecho
Datos Básicos
Código Fao: COC
Nome científico: Cerastoderma edule
Nome comercial: Berberecho
Nome galego: Berberecho
Grupo biolóxico: Bivalvos
Talla mínima: 25 mm
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Non
Frescura: Non
COC
Cerastoderma edule
Descrición
Cerastoderma edule (Linné, 1758). O berberecho é un molusco (palabra que na súa orixe significa "mol") que ten as valvas ou cunchas de forma case circular. Posúe entre 22 e 28 costelas ben marcadas e vive en fondos lamacentos e de area fina próximos ás costas. Por causa da súa forma de corazón foi polo que, ao principio, se lle deu nome de "corazón comestible" (cardium edule).
Modo de pesca
Pode ser capturado a pé con sachos e rastrillos ou angazos na zona intermareal ou con ganchas a pé cunha lonxitude e separación entre dentes axeitada para esta especie nas zonas que non quedan expostas durante a baixamar. Tamén se pesca dende embarcación con raños, rastros ou ganchos.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Berberecho en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Berberecho en Galicia no 2023