Ameixa xaponesa
Datos Básicos
Código Fao: CLJ
Nome científico: Ruditapes philippinarum
Nome comercial: Almeja japonesa
Nome galego: Ameixa xaponesa
Grupo biolóxico: Bivalvos
Talla mínima: 35 mm
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Non
Frescura: Non
CLJ
Ruditapes philippinarum
Descrición
Ruditapes philippinarum (Adams et Reeve, 1850). A característica que máis destaca da ameixa xaponesa é que ten as costelas moi marcadas. As liñas que sucan a súa cuncha forman cadradiños ao cruzárense, cadradiños que son moito máis marcados que os da ameixa fina. Cando está aberta é cando se pode ver como ten os sifóns unidos ata a metade, o que a diferenza da ameixa fina. En canto á súa cor é, normalmente, escura, movéndose os tons entre o tostado e o gris case negro.
Modo de pesca
Esta especie foi introducida nas nosas costas o pasado século. A súa distribución é similar á da ameixa fina, polo que as súas capturas realízanse principalmente a pé nos bancos intermareais. Tamén aparece entre as extraccións realizadas dende pequenas embarcacións con raños, rastros ou ganchos.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Ameixa xaponesa en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Ameixa xaponesa en Galicia no 2023