Logo de Pesca de galicia

Logo da Consellería do Mar

1.2.0

Novas e comunicacións

Incidencia no servicio proporcionado dende PescadeGalicia.gal

01/06/2017

Na madrugada do día 1 de xuño do 2017 e con motivo dunha actuación de mantemento orientada á mellora dos servizos proporcionados dende o portal www.pescadegalicia.gal identificáronse uns problemas técnicos na infraestrutura que da soporte á Plataforma Tecnolóxica da Pesca que motivaron que a Web estivese sen posibilidade de acceso durante un breve período de tempo.

Dado que o servizo está centralizado, estes problemas motivaron a falta de resposta dende as aplicacións Web, os terminais TICPESC e as aplicacións de consumo dos servizos proporcionados.

Ás 09:00 horas aproximadamente o servizo quedou restaurado sen incidentes posteriores.

Esperamos que os usuarios dos distintos servizos desculpen as molestias causadas e valoren os esforzos realizados por esta administración para dar o mellor servizo.