Logo de Pesca de galicia

Logo da Consellería do Mar

Poliquetos

Zonas reservadas para a captura de poliquetos por parte dos pescadores de lecer

O Plan de Xestión de Recursos Específicos para o ano 2017 establece que as entidades asociativas do sector poden contemplar dentro do ámbito dos plans de explotación marisqueira zonas para que os titulares de licenzas de pesca marítima de recreo en superficie poidan capturar un máximo de 50 poliquetos/día, sin interferir coa actividade extractiva.

Neste eido cómpre lembrar que a normativa que regula a extracción de poliquetos para cebo no litoral de Galicia, non permite que as persoas titulares de licenzas de pesca de lecer poidan extraer poliquetos en zonas nas que existan plans de explotación para outros recursos.

Co gallo de difundir cales son as zonas reservadas nos plans de explotación para o ano 2017 para que as persoas titulares de licenzas de pesca marítima de lecer poidan capturar poliquetos preséntase nesta web a seguinte información sobre as entidades en cuxos plans existen zonas reservas, os datos e persoa de contacto, mapa de localización da zona e as posibles recomendacións ou limitacións que podan existir.

As entidades asociativas titulares de plans de explotación, poderán levar a cabo o control destas actuacións, no marco das operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies que están a realizar.

Non obstante, e co obxectivo de que a recollida de poliquetos nestas zonas non interfira coa actividade marisqueira, aconséllase que os pescadores de lecer interesados se poñan en contacto coas entidades, xa que nalgúns casos existen recomendacións específicas.

As zonas reservadas polas entidades para esta actividade poderán ser actualizadas durante este ano.

As entidades titulares dos plans de explotación con zonas reservadas son: