Logo de Pesca de galicia

Logo da Consellería do Mar

1.0.6

Reservas mariñas

Reservas mariñas de interese pesqueiro

Poderíamos definilas como áreas mariñas nas que se aplican sistemas de xestión e ordenación pesqueira baseados nun modelo de explotación sostible, de xeito que se garanta a pesca e a preservación dos recursos e dos hábitats, harmonizando os intereses dos diversos usuarios. Estas figuras de protección e xestión quedan sometidas a un réxime específico de usos permitidos e condicións de acceso.

En Galicia, as propostas de áreas de reservas mariñas xurden das comunidades pesqueiras locais dispostas a asumir a súa responsabilidade na preservación dos recursos da súa zona de traballo e participando directamente no seu deseño, xestión e control aportando os seus coñecementos tradicionais do espazo mariño onde faenan.

Actualmente, na costa de Galicia, existen dúas Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro, que estarían encadradas na categoría VI da clasificación da UICN: "área Protexida con Recursos Manexados":

  • A Reserva de "Os Miñarzos" na Costa de Lira (Costa da Morte), creada polo Decreto 87/2007 do 12 de abril.
  • A Reserva da "Ría de Cedeira", creada polo Decreto 28/2009 do 29 de xaneiro.

A documentación dispoñible nesta páxina é:

Ano 2017:

"Os Miñarzos"

"Ría de Cedeira"

Ano 2016:

"Os Miñarzos"

"Ría de Cedeira"

Ano 2015:

"Os Miñarzos"

"Ría de Cedeira"

Ano 2014:

"Os Miñarzos"

"Ría de Cedeira"

Ano 2013:

"Os Miñarzos"

"Ría de Cedeira"

Ano 2012:

"Os Miñarzos"

"Ría de Cedeira"

Ano 2011:

"Os Miñarzos"

"Ría de Cedeira"

Ano 2010:

"Os Miñarzos"

"Ría de Cedeira"