Logo de Pesca de galicia

Logo da Consellería do Mar

1.1.8

Tramo Internacional do Río Miño

O control e xestión da pesca no tramo internacional do río Miño (TIRM), que serve de fronteira entre España e Portugal, é responsabilidade da Comisión Permanente do Tramo Internacional do Río Miño, constituída por representantes da Administración de ambos países. Neste tramo do río Miño, a actividade pesqueira das especies eurihalinas (especies que teñen a capacidade de vivir en zonas acuáticas con diferentes graos de salinidade) xera importantes beneficios económicos.

Ademais, o peculiar sistema de comercialización desta pesqueira, que require do mantemento polos propios pescadores dos exemplares vivos procedentes das capturas en instalacións deseñadas para o efecto, xunto á necesidade de establecer un control eficaz que se aplique a toda a cadea de produción e comercialización e conte cun sistema coherente de trazabilidade en todas as fases da comercialización en orixe, require da definición dun sistema de trazabilidade específico, que respecte as singularidades desta pesqueira e permita un correcto seguimento das capturas.

Dun tempo a esta parte o soporte do sistema de xestión da trazabilidade documental desta actividade vense realizando a través das aplicacións da Plataforma Tecnolóxica da Pesca.

En aras a dar un paso mais na mellora desta xestión de trazabilidade dos produtos pesqueiros extraídos do TIRM ofrécese unha nova posibilidade de expedición de documentos de transporte e/ou declaracións de recolla a través dunha aplicación móbil deseñada a tal efecto. Esta aplicación estará accesible a través do enderezo https://www.pescadegalicia.gal/movticweb e nela dáse soporte á xestión dos seguintes documentos.

Documento de transporte:

  • Este documento ampara o transporte dende o porto de descarga ata a lonxa de venda (no caso de que a lonxa se sitúe nun porto distinto).
  • Debe facer un documento de transporte para trasladar as súas capturas dende o porto de desembarque ata a lonxa onde vaia realizar as súas vendas (se a lonxa está situada nun porto distinto ao de descarga)

Declaración de recollida:

  • Debe facerse unha declaración de recollida cando as capturas non son postas á venda inmediatamente despois da descarga, se non que se produce un aprazamento da venda.
  • Este documento ampara o transporte dende o porto de descarga ata o centro de recolla de especies eurihalinas.
  • Só pode emitirse para as especies lamprea e angula e unicamente para os usuarios que dispoñan dun centro de recolla que debe estar inscrito no Rexistro de Centros de recolla de especies eurihalinas

Teléfono de Atención 24 horas sobre incidencias de funcionamento: 986 447 232

Para calquera outra cuestión relacionada co funcionamento da aplicación móbil:

  • Consellería do Mar
  • Servizo de Análise e de Rexistros.
  • Correo electrónico: sarex.mar@xunta.es