Mareas

Calendario de mareas 2024

Ver Calendario de mareas do 2023

As horas e alturas de marea nunha determinada zona de costa son unhas referencias moi utilizadas non só polas persoas interesadas para o desfrute lúdico da costa, senón tamén polos técnicos e profesionais do marisqueo para planificar as súas xornadas de traballo.

Os datos están referidos aos portos patróns de Xixón, Ferrol, A Coruña, Vilagarcía, Marín e Vigo. A altura de marea indicada nas táboas representa a cota de auga referida ao cero hidrográfico. Esta información está compartida con Meteogalicia.

As horas destas táboas corresponden coa hora local do porto.

Os datos da táboa están calculados para unha presión media de 760 milímetros; débese ter en conta que para presións maiores a altura da marea é menor e con presións menores a altura da marea é maior.

No caso de portos situados no interior das rías os datos indicados na táboa de mareas corresponden á barra de cada unha delas.

A continuación detállanse os calendarios de mareas para o ano 2024 e portos indicados. Para visualizar o calendario prema enriba do nome do porto que desexe consultar.