Logo de Pesca de galicia

Logo da Consellería do Mar

1.4.0

Guía de especies pesqueiras

A guía de identificación de especies pesqueiras permite a consulta da información das distintas especies autorizadas para a súa comercialización en primeira venda na Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, para aquelas especies con presenza nas costas galegas inclúese información adicional.

Entre a información mais relevante incluída neste apartado podemos destacar a seguinte:

  • Consulta das fichas das especies.
  • Información característica das mesmas, fundamentalmente a descrición das especies e como pescalas.
  • Gráfico da evolución das vendas en pesca fresca en Galicia tanto en cantidades como en prezos medios.
  • Táboa con principais lonxas de venda da especie no último ano pechado.

A continuación preséntase o listado de especies autorizadas. Empregue o buscador para poder filtrar as especies do seu interese.