ANEXO IV: Fé de erratas
Na presente publicación das cifras relativas á pesca fresca no ano 2012 aproveitamos para informar da actualización de datos relativos a períodos anteriores para os que, con posterioridade a súa publicación en www.pescadegalicia.com, detectáronse incidencias que se corrixen ao amparo desta publicación.
O gran volume de información manexada (aproximadamente 4 millóns de notas de venda por exercicio) fai que en ocasións algúns datos anómalos se filtren na estatística oficial. No obstante, a medida que se detecten incidencias no futuro continuarase coa liña de corrección da información histórica informada neste anuario.
Aproveitamos ademais este apartado para agradecer a colaboración diaria das lonxas e centros de venda autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia en relación á comunicación e depuración da información asociada ás notas de primeira venda de produtos pesqueiros frescos.
Os datos corrixidos nesta ocasión fan referencia a:
En primeiro lugar, a modificación do prezo dunha liña de rapantes do 1 de abril do 2002 en Celeiro. Esta nota de venda tiña un prezo de venda anómalo, que se corrixe a partir do prezo medio de venda de dita especie nesa lonxa na data indicada.
En segundo lugar, a modificación do prezo dunha liña de cigala do 7 de febreiro do 2006 en Celeiro. De xeito similar ao indicado no caso anterior, esta situación corríxese en base ao prezo medio de venda para a especie, lonxa e data afectadas.
Nótese que, se ben estas modificacións correspóndense ao detalle de notas de venda concretas, as modificacións realizadas afectan ás cifras globais de primeira venda nos exercicios 2002 e 2006, posto que ditas cifras obteñense por consolidación das notas de venda de detalle.