Anuario de pesca 2010



Introdución


As vendas de produtos pesqueiros frescos nas lonxas e centros venda autorizados, caracterizouse con respecto ao ano anterior por un descenso xeneralizado nas cantidades vendidas e un incremento apreciable en canto ao valor adquirido na primeira venda. Así atopámonos con que a comparativa mes a mes foi sempre positiva a favor da facturación en 2010 agás no mes de febreiro, e como resultado aparecen eses máis de 36 millóns de euros de diferencial positivo. Se comparamos os resultados económicos con respecto ao promedio do últimos anos este diferencial positivo supera o 45 millón de euros.

Este incremento da facturación baséase no comportamento dos cefalópodos e dos peixes, que incrementan os seus valores en máis de 10 e de 25 millóns de euros respectivamente. No caso dos cefalópodos este incremento está relacionado co crecemento das capturas de polbo que duplicaron os valores do ano 2009, alcanzando a superar a catro mil toneladas; en tanto que no caso dos peixes o incremento é debido ao incremento no caso da xarda pintada (7,5 millóns de euros), cabra de altura (6,7 millóns de euros), castañeta (6,7 millóns de euros), bertorella de rocha (4,6 millóns de euros) e bonito do norte (4,1 millóns de euros). Pola contra, no grupo de peixes atopamos un comportamento anormal, que se corresponde co da pescada; esta especie presenta un descenso de máis de 23 millóns de euros, moi superior ao que xa tivo no ano 2009, onde as caídas de prezos afectaron de xeito importante a esta especie.

Nesta edición sepárase a acuicultura que terá a súa publicación individual e exclusivamente farase en soporte dixital no apartado de publicacións de pescadegalicia.com.

A estrutura de esta edición so varía en que desaparece o bloque correspondente á información de acuicultura, quedando do seguinte xeito:

Coa publicación deste anuario dáselle cumprimento ao establecido no Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 20111, procedendo á divulgación dos resultados estatísticos das operacións 32201 Estatísticas de primeira venda de produtos pesqueiros frescos.



1Decreto 213/2010, do 16 de decembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2011.