Plans de xestión
Ano de publicación:

O día 09/12/2019 tivo lugar a publicación do Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas. Unha das principais novidades da norma é o establecemento de plans de xestión de marisqueo de vixencia trianual, nos que xunto á planificación da explotación dos recursos, contémplanse aspectos de carácter medioambiental e socioeconómico ligados ao desenvolvemento do plan.

Coa publicación da Orde de 31 de decembro de 2020, pola que se aproba o Plan Xeral de explotación marisqueira para o trienio 2021-2023, apróbanse os primeiros plans de marisqueo para recursos xerais que terán vixencia durante tres anos (2021, 2022 e 2023).

Por outra banda, de acordo coa disposición a disposición transitoria segunda do Decreto 153/2019, do 21 de novembro, todos os plans de xestión de recursos específicos aprobados para o 2019 ven prorrogada a súa vixencia nas mesmas condicións de aprobación ata o 31/12/2021, data trala cal terá inicio o primeiro período de plans trianuais para os recursos específicos (2022-2024).

No Decreto 153/2019 do 21 denovembro, regúlase tamén a figura dos plans de xestión de nova incorporación, que as entidades poderán presentar para un período inferior a tres anos para recursos, ámbitos zonais ou útiles, equipos e técnicas de marisqueo regulamentarios, diferentes aos plans de xestión trianuais aprobados para un período, e que se poderán autorizar para determinar a viabilidade da explotación antes da súa aprobación como plan de xestión trianual. Deste xeito xunto ás fichas dos plans triaunuais de marisqueo xeral co inicio en 2021 e ás fichas de plans e recursos específicos de 2019 prorrogados, poderanse incluír fichas de plans de nova incorporación de recursos específicos con inicio de vixencia en 2020 e 2021.

Finalmente, sinálase que as normas de extracción en zonas de libre marisqueo non sometidas a plan e os períodos autorizados para a extracción de crustáceos establecidos no Plan Xeral de explotación marisqueira para o trienio 2021-2023 terán validez durante os tres anos de vixencia do Plan xeral.


Fichas correspondentes aos plans de explotación publicados no D.O.G. no nº 262 do 31 de decembro do 2020.
Plans de explotación en autorizacións marisqueiras
Plans específicos de explotación para as zonas de libre marisqueo
Zonas de libre marisqueo para os anos 2021, 2022 e 2023
» Cotas máximas de captura para zonas de libre marisqueo na Ría de Arousa non sometidas a plan de explotación
» Cotas máximas de captura para libre marisqueo no resto de zonas
Crustáceos (Períodos autorizados para os anos 2021, 2022 e 2023)
Fichas correspondentes aos plans de xestión publicados no D.O.G. no nº 246 do 27 de decembro do 2018 e actualmente prorrogados ata 31/12/2021.
Percebe (Pollicipes pollicipes)
Solénidos (navalla/ longueirón/ longueirón vello)
Equinodermos
Peneira
» Provincia de A Coruña
» Provincia de Pontevedra
Algas
Anemones
» Provincia de A Coruña
» Provincia de Lugo
» Provincia de Pontevedra
Poliquetos