Logo de Pesca de galicia

Logo da Consellería do Mar

1.1.9

Novas e comunicacións

Publicada unha nova versión da aplicación de xestión de notas de primeira venda de pesca conxelada

28/12/2018

Desde o día 28 de decembro do 2018 está dispoñible no apartado de Pesca conxelada -> Envío de notas de venda da Plataforma Tecnolóxica da Pesca www.pescadegalicia.gal unha nova versión da aplicación de xestión de notas de primeira venda para os establecementos autorizados a dita actividade para o sector da pesca conxelada.

Nesta nova versión, aparte de unha serie de melloras visuais e de usabilidade das funcionalidades da aplicación, a principal novidade ten que ver coa mellora da facilidade de cumplimentación da información de mareas, en particular dos campos do código de marea, a data de regreso a porto e o porto de descarga.

Esta información, que ata o de agora indicábase no formulario de rexistro de notas de venda, obtense por parte da Comunidade Autónoma de Galicia dos sistemas de información do Diario Electrónico de a bordo (DEA) e ponse a disposición dos usuarios do sistema de envío de notas de primeira venda de pesca conxelada para a súa selección no momento de rexistro da información.

Deste xeito esperase mellorar aínda máis a calidade da información recibida de parte dos axentes sectoriais ao proporse para a cumplimentación das notas de venda á información xa dispoñible en sistemas das administracións públicas.

Esta novidade atende á análise da información recibida e a identificación desta necesidade, englobada dentro do proceso de mellora continúa dos sistemas de información da Plataforma Tecnolóxica da Pesca.