Novas e comunicacións

Publicación dos plans de explotación marisqueira e dos plans de xestión de recursos específicos para o 2018

29/12/2017

Marisqueo

O Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2018, publicado no Diario Oficial de Galicia o 29 de decembro do 2017, establece unha serie de normas para realizar a actividade extractiva do marisqueo, como por exemplo, épocas e días máximos de extracción e zonas de traballo.

A través deste Plan Xeral de Explotación Marisqueira a Consellería do Mar aproba un total de 94 plans de explotación. Deles, 46 corresponden ás autorizacións administrativas marisqueiras, 48 son plans específicos para as zonas de libre marisqueo.

Neste enlace pódense consultar as fichas, que resumen os datos mínimos sobre os plans de explotación aprobados e as zonas reservadas para a captura de poliquetos por parte dos pescadores de lecer nos plans de explotación para o ano 2018.

Recursos específicos

No Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro de 2017 tamén se publicou a Orde do 22 de decembro de 2017 pola que se aproban os plans de xestión para recursos específicos en Galicia para o ano 2018. O obxecto desta orde é aprobar os plans de xestión de recursos específicos para o ano 2018 que foron elaborados polas entidades asociativas do sector.

A través destes plans a Consellería do Mar aproba un total de 140 plans de xestión. Deles, 36 son para a extracción de percebe e 18 para equinodermos. Ademais 24 son para a extracción de solénidos (navalla, longueirón, longueirón vello), 5 son para a extracción de peneira, 23 para algas e 10 para a extracción de anemona. Finalmente comentar que 24 plans autorizan á captura de poliquetos.